Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. defende na bomboneira a terceira praza do grupo diante do Cereixa

RR_Noticias

Os afeccionados ó fútbol sala teñen unha cita este sábado no Pavillón Municipal de Redondela. O conxunto de Julio Mougán quere repetir os bos resultados da primeira volta, e logo dalgúns altibaixos tras o descanso de Nadal, volven demostrar o seu mellor xogo. Reciben ao Cereixa (16.15 horas) equipo que malia estar no pozo da clasificación, foi un duro rival no partido de ida.

O técnico local lembra que en Gondomar conseguiron gañar “pero cun axustado marcador” de 3-4, polo que non se fía do rival. O obxectivo de Mougán é seguir sumando puntos “de tres en tres” para manter a terceira posición que ocupan actualmente na Liga Galega Sur. Unha meta que non será doada, porque neste último terzo da competición todos os equipos se están a xogar algo. Os da parte alta da táboa loitan por engancharse aos postos de cabeza e os da metade baixa por escapar do descenso. Teñen por diante aínda dez xornadas, nas que o técnico seguirá a dar tamén minutos ós xogadores do equipo provincial, que están a axudar tamén ó conxunto da liga autonómica. Os seus bos resultados están tamén a ter un efecto dinamizador na canteira, e o Redondela F.S. conta cunha ampla canteira. Grazas ó convenio con Grupo Casa Paco 81 o club conta cunha ducia de equipos de todas as categorías, e máis dun cento de rapaces federados.  

Julio Mougán adestrador
O obxectivo do Redondela F.S. é manter a terceira posición ata o final do campionato.
Redondela F.S.-Cereixa
Mougán non se fía da mala situación na táboa dos gondomareños.
Deporte base
Os os resulados do equipo da Liga Galega están a fomentar tamén o deporte nas categorías inferiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará