Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2020

O orzamento dedica tres millóns a investimento, máis da metade para o novo pavillón de deportes

RR_Noticias

O documento económico que se debaterá mañá nun pleno municipal extraordinario ás 19:30 horas contempla investimentos por valor de 3 millóns de euros. As obras máis importantes están enmarcadas dentro do Plan Marisma Máis coa construción do novo pavillón de deportes por valor de 1.745.354 euros, o centro de día no antigo colexio de Trasmañó dotado con 537.144 euros e a construción do paseo marítimo de Cesantes, actuación orzamentada en 221.448 euros.  

A concelleira de Economía e Facenda, Ana Alonso, salienta o esforzo realizado por parte do goberno local de cara a axustar ao máximo o gasto e incluír dentro destes orzamentos o investimento necesario para acometer na súa totalidade o Plan Marisma Máis. Por este motivo a edil fai un chamamento aos grupos da oposición para que “actúen con responsabilidade” de cara a permitir que se aproben estas contas “xa que de non saír adiante estes orzamentos perderíanse as partidas procedentes da Unión Europea dentro do plan Marisma e que ascenden a algo mais de 1,8 millóns de euros”. Os orzamentos para este 2014 ascenden a 18,5 millóns de euros e dende a concellería saliéntase tamén o esforzo por incrementar partidas destinadas a servizos sociais “cun incremento dun 20% nas axudas ao comedor e unha maior partida nas políticas de emprego”. Na outra cara da moeda estaría a concellería de Festas, a gran damnificada ao ver reducido o seu orzamento en 58.000, é dicir, un 20%. Neste documento tamén se recolle unha partida de 166.688 euros destinadas aos orzamentos participativos, unha cantidade semellante á xa destinada o ano pasado a petición de AER e que se corresponde co “1% dos orzamentos que son achega por parte do Concello, tal e como así estaba contemplado”. Outros investimentos salientables son os máis de 76.000 para a Aula de interpretación da batalla de Rande “Meirande”, cantidade que será asumida na súa maior parte a cargo do Plan Feder mentres que o Concello achegará 23.000 euros, ou os ou os 77.732 euros que se destinarán para a expropiación de terreos.  

Ana Alonso edil de Economía
A concelleira explica cales son os investimentos máis importantes
Apela á responsabilidade de oposición
De non sair adiante o orzamentos perderíanse os fondos do Plan Feder
Servizos sociais e emprego
Son dous departamentos que contarán con maiores achegas mentres diminúe o orzamento para a Concellería de Festas
Orzamentos participativos
Unha partida dotada con 166.688 euros

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *