Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Fútbol Sala logra unha nova vitoria no campo do CAFyD en Marín

RR_Noticias

Dous tantos de Tizón dan a vitoria ao equipo redondelán nun partido con moitos altibaixos. Os de Julio Mougán logo de lograr os tres puntos en xogo no Pavillón da Raña de Marín mantéñense na terceira praza da categoría. Cómoda situación para recibir na vindeira semana a un dos equipos febles do grupo, o Cereixa.

Por segunda semana consecutiva, como xa sucederá ante o Verín, o Redondela volveu a encomendarse ó 5×4, para cando faltaban trinta e dous segundos para se levar os tres puntos do Pavillón da Raña de Marín.
Despois duns primeiros vinte minutos bastante completos onde só faltou o gol, na segunda metade, o CAFyD levou a batuta sobre todo no que se refire a oportunidades. Con todo, o encontro rematou co resultado de 1-2 para os de Redondela grazas ao acerto de Tizón, responsables dos dous tanto. Malia o positivo do resultado, que afianza ao equipo nos postos altos da táboa, o adestrador lamentar que se vivise novamente un encontro “con moitos altibaixos e que volve a traer certas dúbidas que parecían esquecidas logo do bo xogo ante o Verín”.
Agora serán dous encontros como locatarios, onde parece cos redondeláns se atopan máis cómodos, Cereixa e Mondariz, seguintes rivais en pasar pola Bomboneira
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará