Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian que os trens non recollen pasaxeiros en Arcade

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior asegura que os usuarios do tren de proximidade non poden acceder a moitos dos trens que malia facer paradas na estación de Arcade non collen ni deixan viaxeiros “aínda que ditas paradas se realicen en horarios que si figuran para este fin”. Os nacionalistas critican que dende o goberno local non se teña actuado para resolver este problema.

O BNG de Arcade acusa ao alcalde de Soutomaior Agustín Reguera de “falta de sensibilidade cos asuntos que afectan aos veciños da localidade” xa que dixo descoñecer este problema “que os viaxeiros están a padecer dende hai varios meses”. Instan ao concello a que informe sobre a situación das  obras na estación de Arcade e que interceda para que estes problemas non se volvan producir.
Os nacionalistas entenden que o tren de proximidade é unha alternativa real o transportes por estrada e demandan das administracións que fomenten e faciliten o seu uso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará