Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha cita ás cegas coa literatura para os usuarios das bibliotecas

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela e Chapela propoñen aos usuarios unha cita ás cegas cun libro para celebrar o día de San Valentín. A iniciativa, que se desenvolverá os días 12, 13 e 14, consiste en ofrecer en préstamo unha serie de libro envoltos de tal xeito que resulta imposible coñecer o seu título e autor. Un dos paquetes agochará unha tarxeta que dará ao usuario o a posibilidade de quedar co libro elixido como agasallo.

A Biblioteca Municipal xunto coa Axencia Municipal de Lectura de Chapela, únense a esta iniciativa que naceu nunha biblioteca pública de Los Ángeles (EUA) e consiste en ofrecer en préstamo unha serie de libros envolvidos de tal maneira que resulta imposible coñecer o seu título ou autor. O lector que se arrisca a “ter unha cita ás cegas” con estes libros poderá descubrir magníficas historias que habitualmente permanecen esquecidas nos estantes das bibliotecas en favor doutras obras máis comerciais e máis publicitadas.
Ademais, un dos paquetes esconderá unha tarxeta cunha “proposición de matrimonio” do libro ao usuario que o tomou en préstamo; se o agraciado dá o ” si “, poderá quedar co libro como regalo.
Por outra parte, tamén ata o 14 de febreiro e dentro da actividade “De Amor e de Palabras”, os usuarios de facebook poderán subir as súas propostas poéticas de amor, orixinais ou de autores recoñecidos, ao muro das Bibliotecas de Redondela. Entre todos os participantes, será sorteado un poemario de sonetos de amor de Juana Inés de la Cruz xunto cun marcapáxinas. Os poemas poderán estar escritos en calquera lingua e non deberán superar os corenta versos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará