Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Uns ladróns deixan sen luz o Salgueiral para tentar roubar nunha perruquería

RR_Noticias

O roubo quedou en tentativa, xa que os asaltantes non lograron entrar na academia de perruquería aínda que si deixaron desperfectos tanto no acceso ao establecemento como no alumeado público, que cortaron para poder actuar con maior liberdade. Un feito que se producía de madrugada logo dunha xornada marcada por incidencia menores causadas polo temporal.

O aviso recibiuse na policía local ás sete da mañá polo que todo apunta a que o intento de roubo na academia de perruquería do Salgueiral se tería producido de madrugada. Os asaltantes procederon a cortar a luz no lugar para poder así actuar con maior liberdade causando desperfectos no alumeado público así como na entrada ao centro de perruquería ao que finalmente non lograron acceder.
Un feito que se producía logo dun xoves marcado polas incidencias causadas polo temporal que obrigaba a actuar en diferentes puntos do municipio para retirar da vía pública colectores movidos polo ventos e que estaban a causar perigo na estrada a Peinador así como na estrada nacional en Cesantes. Tamén se recibiron avisos por unha farola que abaneaba polo vento con perigo de caída na Avenida de Redondela en Chapela e cables do tendido eléctrico en Cesantes. No lugar de Catapeixe unha tella desprendida dunha casa causaba desperfectos nun vehículo estacionado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará