Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ghazafelhos presenta Nana para un soldado no Multiusos

RR_Noticias

Unha reflexión en torno á guerra presentada pola compañía de Montse Piñón, Pepablo Patinho y Jorge Casas. Un espectáculo orientado ao público familiar que se poderá ver este domingo día 9 ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

Baixo un texto creado por Pepablo Patinho, director e actor da compañía, Ghazafelhos presenta a obra Nana para un soldado na que se relata o encontro de dous soldados inimigos que terán que deixar de lado as súas diferencias para facerse cargo do nacemento dun neno. Un tema co que a compañía quere chamar a atención sobre a dureza da guerra dun xeito cómico e poético. Ghazafelhos parte de algo tan forte como é a guerra e a morte e por outro lado un nacemento e, polo tanto, a vida para facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e o necesario de entenderse, escoitarse e respectarse. Unha historia de Pepablo Patinho que xurde cando está a piques de se converter en pai por primeira vez. Un espectáculo cargado ademais de grandes doses de humor cun prezo de 4 euros para o público adulto, 2 euros a entrada reducida para os nenos, xubilados e estudantes.  

Pepablo Patinho Ghazafelhos
Fálanos do argumento da obra
O absurdo das guerras
Un texto do propio Patinho

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará