Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela temen que un guindastre se derrube sobre as vivendas

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Chapela ven de presentar un escrito no Concello de Redondela solicitando información sobre a situación na que se atopa un guindastre situado na Avenida de Vigo nunha obra abandonada dende hai anos. Temen que o guindastre poida ser derrubado polo vento e os temporais.

No escrito os veciños amosan o seu temor a que este guindastre de grandes dimensións que permanece abandonado dende hai varios anos entre os números 79 e 83 da Avenida de Vigo se derrube sobre as súas vivendas e preguntan aos gobernantes municipais se estas instalacións está a pasar as revisións periódicas e o mantemento obrigatorio.
Aseguran que este tipo de guindastres torre cando non se lles fai mantemento “tenden a bloquear o freo e un temporal pode derrubalo e tiralo ao chan, o que podería ocasionar unha gran catástrofe en Chapela”.  
Por todo o exposto reclaman “información urxente con datos e datas sobre a situación na que se atopa este guindastre”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará