Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco viaxa ás Somozas co obxectivo de rachar a xeira de cinco partidos sen gañar

RR_Noticias

Malia ter feito un espectacular encontro en Santa Mariña diante do Boiro, actual líder, os de Jacobo Montes non puideron pasar do empate. Agora preparan o partido do próximo domingo co Somozas, outro dos equipos chamados a estar na cabeza da clasificación. O adestrador redondelán confía en que o seu equipo siga mellorando o xogo e volvan os resultados positivos pronto.

O técnico, que se caracteriza por ser un home prudente cando os resultados levan a moitos á euforia, tamén pide “tranquilidade” agora que o Choco leva cinco xornadas sen coñecer a vitoria. A situación do equipo segue a ser moi boa, e tamén o seu xogo, que os sitúa na sétima praza do grupo, empatados a puntos co sexto, que é o Arousa. Montes ten “plena confianza” nos seus xogadores e está convencido de que o triunfo chegará “máis cedo que tarde”. Pero tamén é consciente de que para iso o conxunto redondelán ten que seguir mellorando. O Choco domina o xogo combinado, pero debe tamén saber replegarse e xogar ao contraataque para afrontar con garantías a segunda volta. A próxima xornada desprázanse ao campo do Somozas, outros dos equipos que loitan por achegarse á cabeza da clasificación, actualmente na quinta praza. O equipo coruñés atravesa unha situación delicada no extra deportivo, logo do falecemento o pasado día 19 do seu presidente, Manuel Candocia, alcalde tamén da localidade. Con todo, Montes entende que se trata dun equipo “moi completo” que saberá repoñerse a esa perda, polo que o Choco terá que aplicarse para poder traer un resultado positivo do Campo Municipal das Pardiñas.  

Jacobo Montes adestrador
O técnico confía en volver á senda dos resultados positivos moi pronto.
Mellora no xogo
Montes está satisfeito do resultado do grupo que segue a mellorar o seu xogo.
Somozas-Choco
Os redondeláns viaxan ás Somozas nun momeno delicado para o equipo coruñés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará