Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A colaboración cidadá permite a detención dun veciño de Vigo logo de asaltar varios locais

RR_Noticias

O detido, un home de 30 anos de idade e veciño de Vigo, asaltou na madrugada de hoxe  varias naves na estrada do Muro e intentou roubar na perruquería Nati López na rúa das Cardosas. Actuaba xunto a outros dous individuos que lograron fuxir. Descoñécese o valor do roubado á espera de que os afectados presenten as correspondentes denuncias.

Un operativo especial da Policía Local e Policía Nacional detiñan na madrugada de hoxe a un individuo, M.P.F. de 30 anos de idade e residente en Vigo, como presunto autor xunto a outros dous cómplices de varios asaltos a diferentes naves e locais do noso concello.
Foi un veciño de Redondela quen deu a voz de alarma á unha da madrugada cando observou como tres individuos intentaban entrar nunha perruquería na rúa das Cardosas. Os asaltantes fuxiron ao decatarse da presencia deste veciño, quen facilitou diferentes datos á policía local apuntando que os ladróns fuxiran nun Audi A-4 que foi localizado pouco despois estacionado na estrada do Muro.
Axentes da policía esperaron nun vehículo camuflado ata que o detido se subiu no coche e fuxiu, sendo detido á altura da sala de festas Bolero logo dunha pequena persecución. Ao detido incautáronselle dous teléfonos móbiles, dous cascos de moto e ferramenta diversa empregada habitualmente nos asaltos a edificios.
Á espera de que se presenten as denuncias pertinentes, sábese que estes individuos atracaron vairas naves no Muro, entre elas á da empresa Urbaser, dende onde accederon a unha oficinas que sufriron tamén o asalto
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará