Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. busca ser o primeiro equipo en gañar ao Talleres ABC Vigo

RR_Noticias

Os pupilos de Julio Mougán recupéranse da derrota da pasada semana en Mos, a primeira tras trece xornadas, e preparan o próximo encontro diante do Vigo. O rival, segundo clasificado, non coñece a derrota nesta liga, pero os redondeláns confían en acadar a fazaña e impoñerse na bomboneira, como xa fixeran na visita do líder, o Lavadores.

A primeira volta de liga desta liga Autonómica Sur, o Redondela F.S fixo uns números “espectaculares” e moi por riba das súas expectativas. Ocupan a terceira praza do grupo, e o seu obxectivo é manterse neses postos de cabeza. O adestrador e presidente do club, Julio Mougán, recoñece que logo da derrota da pasada xornada en Mos, será “case imposible” optar aos dous primeiros postos, pero confía en manter a terceira praza, ou cando menos, superar os resultados da pasada temporada 2012-13, cando remataron na quinta posición. O seu próximo rival será un dos dous “transatlánticos” da categoría, o Talleres ABC Vigo, que aínda non coñece a derrota. Mougán é consciente do reto, pero confía nos seus xogadores. Non sería a primeira vez que acadaran superar un reto así, xa que tamén na primeira volta foron o único equipo capaz de gañar ao primeiro clasificado, o Lavadores, cun axustado 1-0, e desde aquela os vigueses seguen invicto. Será ademais unha xornada de festa para o fútbol sala redondelán, xa que disputarán dous encontros consecutivos. Primeiro, ás 16.15 horas, co partido da liga provincial Redondela F.S.- Moañeses. Antes do partido da liga autonómica, que será ás 18.30 horas, o club redondelán reunirá a todos os seus equipos para facer as fotos oficiais desta temporada 2013-2014.  

Julio Mougán adestrador
O técnico salienta os bos números do equipo na primeira volta da Liga Autonómica Sur.
Redondela F.S.- Talleres ABC Vigo
Mougán amósase disposto a poñerlle as cousas difíciles ao segundo clasofocado do grupo que permanece invicto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará