Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A deputada Carme Adán analiza as causas e as repercusións da reforma das tarifas eléctricas

RR_Noticias

A Casa da cultura acolle este xoves día 23 ás 20:00 horas un acto informativo organizado polo BNG no que a deputada nacionalista Carme Adán detallará cales son as causas da reforma das tarifas eléctricas que se aplicarán en breve así como a repercusión que terá sobre a poboación galega.

No acto do xoves queren trasladar a poboación cales son os intereses que se agochan detrás da constante subida da factura eléctrica, nunha época en que tantas familias do noso país están a pasar unha situación económica realmente dura.
Dende o Bloque lembran ademais que Galicia é unha das principais produtoras de enerxía eléctrica do Estado, e lonxe de recibir as compensacións que serían xustas polo dano ecolóxico que se sofre asi como pola destrución da paisaxe e dos recursos turísticos e forestais, nin sequera estas empresas tributan os seus impostos no noso país, polo que recibimos todo o dano derivado da produción eléctrica e ningún beneficio.
Por este motivo, reclaman un trato xusto no que a política enerxética.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará