Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non soubo aproveitar as súas oportunidades no campo de Vista Alegre

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes saíron moi ben ante o Ordes e dominaron ao seu rival, pero as ocasións das que dispuñan os de Redondela non as aproveitaron. Pola contra os locais foron foi eficaces nos seus disparos a portería. O Choco leva tres xornadas sen sumar os tres puntos en xogo, e baixa á oitava posición da táboa na Terceira División.

Terceira División
Ordes 3-1 Choco
Esperábase un gran partido entre Ordes e Choco, e os redondeláns perderon tras desaproveitar moitas oportunidades. Os de Montes saíron ao terreo do Vista Alegre con toda a intención e dominaron o xogo, pero as ocasións das que dispuñan os de Redondela non as aproveitaron. Álex Castro adiantou aos locais, cun bo tanto de calidade, levándose á defensa local e cunha vaselina moi boa. Así, chegaríase ao descanso posto que o Ordes aproveitou a que xerou, e o Choco perdoou e non fixo efectiva a súa posesión. Tras o descanso o Ordes dominou o encontro, fíxose co balón e dispuxo das ocasións máis claras, polo que se levou o partido con solvencia. Martín puxo un bo pase a Quintairos que aproveitou para poñer o 2-0. Anxo púxolle emoción ao encontro co 2-1, e o seu equipo puido marcar máis goles, posto que empezaron a crear perigo pero Martín matou o partido, establecendo o 3-1 definitivo. O Choco segue sen poder gañar e leva tres xornadas sen sumar os tres puntos en xogo. Agora son 8º na táboa, descólganse dos postos de cabeza, e o próximo domingo reciben en Santa Mariña ao actual líder, o Boiro.
Segunda Autonómica

Guía 3-2 Choco B
O Choco mantén a 6ª praza, malia perder onte cun dos equipos fortes do grupo, a Guía. A próxima xornada comeza a segunda volta como visitante, será no campo do Castrelos, un dos equipos da parte baixa da táboa.
Umia 2-0 Soutomaior
O Soutomaior non foi quen de superar ao Umia, e segue na metade baixa da táboa, 13º. O domingo comezan a segunda volta no campo do Beluso, o 2º clasificado.
Arcade 0-1 Amanecer
O Arcade non puido cun dos equipos máis fortes do grupo, o Amanecer, 3º clasificado. Os de Soutomaior chegan ao ecuador da liga no 12º posto, e o domingo comezan a segunda volta como locais, reciben ao Figueirido, da metade da táboa.
Tercera Autonómica
Cesantes 3-1 Caroi
Os redondeláns foron moi superiores ao Caroi, sumido na parte baixa da táboa. Rematan a 1ª volta no posto 11º, e a próxima semana reciben ao Presqueiras, afundido no pozo da clasificación.
Sta Eulalia 0-0 Vilar
O Vilar comezou a segunda volta cun empate sen goles no campo do Sta Eulalia. Agora son 9º, e na próxima xornada reciben ao pechacancelas, o Fortuna.
Coruxo B 1-0 Chapela
O Chapela baixa ata a 5ª praza logo da derrota no campo do Coruxo B. Na próxima xornada reciben ao Mosende, 8º do grupo.
Nespereira 1-1 C.Areas B
Os de Pazos mantéñense no 4º posto do seu grupo logo do empate co C.Areas B. A próxima fin de semana xogarán no campo do Atios B.
Balonmán
Divisón de Honra Prata Feminina
Chapela descans, logo de que decidiran aprazar o encontro de liga co Tenerife para o mes de marzo
Primeira Autonómica Feminina

Rasoeiro 18-27 SAR Sophimagen
O equipo redondelán impúxose de xeito contundente ás grovenses, nun partido de vital importancia para as súa aspiracións ligueiras. As pupilas de Cobián sumaron os dous puntos que as levan á terceira praza da clasificación, contan con 24 puntos, dous menos que as segundas clasificadas, as mozas do Cinco Jotas Lavadores, que será o seu rival o próximo sábado en Redondela. De gañar este encontro na casa accederían ós postos que permiten xogar a fase de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará