Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A procesión de San Sebastián obriga a pechar o tráfico polo casco urbano

RR_Noticias

A partir das 18:30 horas de hoxe luns o tráfico rodado polo centro da vila estará restrinxido por mor da celebración da tradicional procesión de San Sebastián. As paradas do autobús desprázanse ao exterior da vila O tráfico abrirase novamente unha vez remate a procesión, non antes das nove da noite.

Os tradicionais actos de celebración de San Sebastián conlevarán na xornada de hoxe algúns prexuizos para os condutores que a partir das 18:30 horas pretendan achegarse ao centro urbano. A Policía Local informa que o tráfico rodado estará prohibido ata as 21:00 horas.
Os actos na honra de San Sebastián comezarán ás 18:00 horas coa misa solemne na igrexa de Santiago e está previstas que a procesión saia dende a rúa Adro media hora  despois. Os devotos percorrerán as rúas Cruceiro, Loureiro e Picota e baixarán pola rúa Cabo dos Fumeiros ata Xeneral Rubín. A continuación percorrerán o centro da vila por rúa Rubín, Ribeira, Alfonso XII e Pai Crespo ata chegar á praza de Ponteareas onde darán a volta para regresar novamente polo centro urbano. Ademais lémbrase aos condutores que deberán retirar os seus vehículos estacionados nas rúas polas que descorre o percorrido.
Dende a Policía Local aconsellan aos condutores que busquen accesos alternativos ante os eventuais atascos que se produciran nas entradas á vila.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará