Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración no concello contra a violencia de xénero

RR_Noticias

O Concello de Redondela convoca hoxe á veciñanza a participar nunha concentraación ás 19:30 horas diante da casa consistorial para amosar a súa repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido en Cervo (Lugo) así como condenar toda clase de actos violentos contra as mulleres. Esta é a primeira morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia neste 2014 e a segunda en España.

A Concelleira da Muller, Teresa París, insiste na importancia deste tipo de manifestación públicas de cara a visibilizar e sensibilizar á poboación na necesidade de seguir loitando contra a violencia de xénero.Nese sentido, ae tal e como se acordou en pleno por unanimidade de todos os grupos colocarase un lazo violeta no balcón do Concello, na árbore Gingko Biloba e na páxina web do Concello. Ademais, convócase a toda a cidadanía a unha concentración diante do edificio do Concello hoxe xoves 16 de xaneiro ás 19.30 horas e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno. A violencia de xénero é un problema dunha índole que transcende xa do ámbito particular e estase a converter nunha auténtica crise social, na que todos os poderes públicos han de implicarse, ben para tratar de previr estes terribles sucesos, como para protexer e axudar a quen sofre violencia por ser muller. O goberno municipal fai un chamamento ás mulleres que están sufrindo violencia e á sociedade para que se denuncien estas situacións e acudan á Policía, aos Xulgados ou ao Centro de Información ás Mulleres para activar os recursos existentes na loita contra esta lacra.  

Teresa París Concelleira de Muller
O obxectivo destas concentracións é sensibilizar
Outros actos
Todos eles aprobados de xeito unánime pola corporación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará