Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os 17 expulsados de Anova aseguran ser vítimas dunha purga no seo da organización

RR_Noticias

Negan que a expulsión se debese, tal e como así o resolveu a Comisión Ética e de garantías, ao feito de ter montado unha asemblea paralela e ter usurpado a identidade de Anova nas redes sociais. Entenden que a única finalidade da expulsión é “dirimir as diferenzas políticas eliminando a dialéctica por medio de purgas e expulsións”.

As 17 persoas expulsadas de Anova aseguran que dende a Coordinadora Comarcal de Redondela estanse a difundir “mentiras” en torno ao proceder dos expulsados. Neste sentido apuntan que a acusación principal que levou a súa expulsión foi a de ter constituído unha asemblea local que xa estaba constituída “sendo esto radicalmente falso pois a única asemblea creada era a Comarcal, que acolle os concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela e Soutomaior”.
Apuntan ademais que a Comisión Ética e de Garantías non ten lexitimidade para tomar estes acordos e aseguran que si esta situación non se arranxa pola vía do consenso se reservan “o dereito a acudir a xustiza ordinaria”.
Finalmente apostan pola construcción dunha ferramenta política ampla que traballe para Galicia e as súas clases populares e engaden que “esa ferramenta é a ANOVA, da que seguimos formar parte por riba de manobras escuras, políticas palaciegas e purgas censoras”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará