Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos honra a San Amaro, o santo dos ósos

RR_Noticias

O Concello de Fornelos celebra este sábado as festas na honra de San Amaro, cunha serie de actos relixiosos, verbena nocturna e un completo programa orientados aos  máis pequenos, con obradoiros e actuación do grupo de títeres Tanxarina.

Malia que o día propio é hoxe mércores, 15 de xaneiro, a comisión de festas decidiu trasladar as actividades ao vindeiro sábado para contar así cunha maior afluencia de público. As actividades arrancarán pola mañá con pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Catro ventos” e a tradicional misa solemne. Xa pola noite a verbena estará amenizada polo trío 3.com e o grupo musical Son das tabernas. Este ano como novidade prestan dende a Comisión de festas especial atención ao mais cativos da casa con diferentes actividades que se desenvolverán baixo unha carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas. Os nenos que ata alí se acheguen a partir das cinco da tarde poderán participar dos obradoiros a cargo da Asociación Xoeira e gozar tamén co espectáculo Titiricircus a cargo do grupo de títeres Tanxarina. San Mauro é o santo ao que rezan as persoas que padecen enfermidades reumáticas e conta con numerosos devotos tanto no concello de Fornelos como na comarca que ateigan a Igrexa ao longo do día para pedir ao santo protección fronte ao reuma.  

José Antonio Freaza comisión de festas
Fálanos do programa para adultos
Títeres con Tanxarina
Os máis pequenos teñen tamén o seu programa propio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará