Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR inicia o ano cunha vitoria ante o Pabellón Balonmán

RR_Noticias

Sexta vitoria para a Sar Plastic Omnuium que logo de vencer na súa visita ao campo do Pabellón (21-28) sitúanse na novena praza da categoría. Na vindeira semana xogan na casa e reciben a un equipo a priori inferior, o Granitos Ibéricos, penúltimos da categoría.

A SAR regresaba á competición oficial esta fin de semana logo do descanso do Nadal e facíao no campo do Pabellón Ourense. Unha primeira parte na que os de Redondela non conseguían facerse co partido,chegando ao descanso cun marcador desfavorable de 13 goles a 12. As cousas mudaron logo de pasar polos vestiarios e os homes da SAR foron facéndose pouco a pouco co partido, encaixando tan só sete goles e logrando unha contundente vitoria. 21-28 foi o resultado final ante un Pabellón que se afunde como pechacancelas do grupo, mentres que a SAR se sitúa na novena praza.
Importante vitoria que tentará repetir xa na bomboneira na vindeira semana ante o penúltimo da clasificación, o Granitos Ibéricos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará