Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concertos de Kepa Junkera, Narf e Acrobata dentro do ciclo de música popular de Redondela

RR_Noticias

O ciclo Rede de Músicas Soltas desenvolverase no Multiusos da Xunqueira un sábado de cada mes ata xuño e contará coa presenza dos artistas Radio Cos, Caxade, Jazzología, Narf, Kepa Junquera e Xavier Díaz. O dúo Acrobata formado por Ugia Pedreira e Fred Martins serán os encargados de inaugurar o programa cunha actuación que terá lugar este sábado día 11 ás 21:00 horas. O prezo da entrada para os concertos é de 4 euros.

A Rede de Músicas Soltas é un ciclo de concertos promovido pola Concellaría de Cultura e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, para propostas musicais en pequeno formato ao redor da música popular e os seus universos co obxectivo de divulgar  proxectos en activo da música popular feita en Galicia. O ciclo que se vai desenvolver no Auditorio da Xunqueira, un sábado de cada mes até xuño, inclúe os novos traballos de Caxade, Fran Pérez “Narf” e Radio Cos; actuacións especiais coma a de Kepa Junquera con Xabier Díaz; a inminente estrea de Jazzología ou as cancións “brasilegas” de “Acrobata”, integrado por Fred Martins e Ugia Pedreira. Todas elas son propostas musicais en pequenos formatos interpretadas por músicos galegos, por músicos de fóra de Galicia que botaron raíces aquí ou que teñen un vencello moi especial con esta terra. Na presentación deste programa contouse coa presenza de Ugia Pedreira, integrante xunto con Fred Martins de Acrobata, grupo encargado da primeira das actuacións que terá lugar este sábado día 11. Un proxecto que se xestou cando ambos os dous artistas se coñeceran no Brasil e posteriormente cando Martíns se afincou en Galicia. Pedreira agradece a oportunidade de volver actuar en Redondela, localidade coa que mantén importantes lazos dende o seu paso polo grupo Chouteira. Segundo explicaba Julio Alonso, este ciclo ven cubrir un espazo ata o de agora baleiro, xa que “faltaba en Redondela un proxecto destas características que de xeito semellante ao ciclo de teatro dera resposta aos afeccionados á música”. A Concellaría de Cultura quere así completar a oferta cultural existente no concello, co obxectivo de lle dar continuidade no futuro ás propostas musicais máis interesantes do panorama musical galego. Os concertos celebraranse un sábado de cada mes ás 21 h no Auditorio da Xunqueira, e o prezo da entrada única é de 4 €. A venda de entradas realizarase dúas horas antes de cada concerto, e poderanse adquirir tamén con dous días de antelación a partir do segundo concerto.  

Mauro Sanin aCentral Folque
Fálanos das actuacións enmarcadas neste ciclo
Ugia Pedreira Acrobata
O dúo que forma con Fred Martins será o encargado de abrir o cartel
Regreso artístico a Redondela
Ugia Pedreira formara parte de Chouteira formación vencellada ao noso concello
Julio Alonso edil de cultura
O Concelleiro espera que o ciclo de música teña continuidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará