Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asemblea Nacionalista de Pazos rexeita a fusión deste concello con Mondariz e Covelo

RR_Noticias

Solicitan ao alcalde Andrés Iglesias que dea información pública das supostas negociacións que está a desenvolver cos rexedores das outras dúas localidades de cara a formalizar unha eventual fusión e convidan a convocar un referendo para coñecer o posicionamento dos veciños neste asunto. Entenden que a fusión destas tres localidades “cunha grande superficie e cunha poboación moi dispersa dificultaría o acceso cidadán aos servizos básicos esenciais”.

Diante das declaracións públicas do alcalde popular de Mondariz manifestando que se iniciaran conversas entre os responsables dos concellos de Mondariz, Covelo e Pazos de Borbén para estudar unha fusión destes tres municipios, a Asemblea Nacionalista de Pazos insta ao alcalde Andrés Iglesias a que dea explicación públicas destas negociacións.
Lembran que fusionar tres concellos cunha superficie tan grande, moita dela en zonas de montaña, e cunha poboación tan dispersa, dificultaría o acceso cidadán aos servizos e atencións que prestan os concellos, e obrigaría a moitos veciños e veciñas a desprazarse moitos quilómetros por estradas locais pouco seguras e con meteoroloxía adversa boa parte do ano, cando precisasen realizar algunha xestión diante da administración local.
Ademais diso, apesares de seren limítrofes, aseguran que Pazos de Borbén non mantén relación nin social nin económica con estes concellos.
Por estes motivos opóñense a dita fusión e critican que o Partido Popular estea a promovela apelando ao aforro cando “é apenas un acto de propaganda co que pretenden esconder o absoluto descrédito que sofren diante dos electores debido aos numerosos casos de corrupción que os asolan, aos recortes de dereitos e servizos cidadáns e a medidas como a lei do aborto”.
Finalmente apuntan que as institucións que sobran non son os concellos “senón as deputacións”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará