Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os tres porquiños modernízanse en Redondela

RR_Noticias

A compañía Educateatro Produción presenta en Redondela unha revisión da fábula tradicional Os tres porquiños, adaptándoa aos tempos que corren e enriquecéndoa cunha banda sonora orixinal. A obra, orientada a público familiar a partir de dous anos, poderá verse no Multiusos da Xunqueira o domingo día 12. O prezo da entrada, que se pode retirar en venda anticipada na tenda Mandamamá é de 3 euros.

A técnica dramática empregada para a obra é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que recrean a imaxe humanizada dos tres porquiños e mailo lobo feroz. Ademais, para facilitar a interacción coa rapazada, o condutor da obra será un explorador moi afeccionado aos contos, que irá desgranando os misterios desta nova historia do século XXI, segundo nos explicaba o produtor da obra Xandre Vázquez. A banda sonora orixinal, composta por cinco pezas musicais, servirá para facer partícipes os cativos das coreografías que se van sumando ao fío argumental da obra, ao mesmo tempo que valerán como ferramenta para que aprendan ou reforcen os números, as cores, as pezas de roupa e os animais, entre outros coñecementos marcados no currículo escolar. Durante os 50 minutos de duración da obra, o público poderá cantar e bailar mentres vai coñecendo os misterios dunha obra clásica que segue vixente malia o paso dos anos. Unha obra cun marcado caracter redondelán xa que sobre o escenario no papel de explorador atopamos ao actor Paulo Medal e na dirección a Luís Crespo, ambos os dous veciños do concello.  

Xandre Vázquez produtor
Fálanos do argumento da obra
Música orixinal
As cancións son parte fundamental do espectáculo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará