Hoxe é Venres 22 de Outubro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

O PSOE reclama no Senado partidas para mellorar a seguridade vial nas estradas de Redondela

RR_Noticias

A senadora do partido socialistas Paula Fernández Pena defenderá hoxe no Senado seis emendas socialistas aos orzamentos do estado do 2014 referentes a Redondela. Solicitan partidas económicas para acometer a construcción dunha rotonda no alto dos Valos, outra en Cesantes e beirarrúas na N-555. Reclaman tamén a construcción dunha estación de viaxeiros en Chapela e lamentan que Fomento non teña dedicado “un so euro a esta infraestrutura”.

As emendas que a senadora do PSOE, Paula Fernández Pena, defenderá no Senado están encamiñadas a reclamar financiamento para acometer unha serie de melloras nas infraestruturas de Redondela. Segundo explicou o concelleiro Eduardo Reguera “ditas emendas foron xa presentadas no Congreso e rexeitadas pola maioría absoluta do partido popular” motivo polo que agora se dirixen ao Senado para reclamar que o goberno central introduza cambios nos orzamentos do Ministerio de Fomento que permitan acometer diferentes actuación no noso concello.
A primeira das emendas, valorada polos socialistas en 100.000 euros, serviría para construír unha rotonda no Alto dos Valos “que termine cun dos puntos negros da N-550”.
A segunda das peticións corresponde á N-555, entre Redondela e Peinador e estaría encamiñada a mellorar a seguridade vial nesa estrada coa construcción de beirarrúas, unha actuación que precisaría dunha partida económica de 500.000 euros.
Por outra banda, os socialistas solicitan a construcción dunha rotonda no núcleo urbano de Cesantes ademais da construcción de beirarrúas ata o colexio Outeiro das Penas. O investimento total para esta obras está cuantificado en 250.000 euros.
Outra emenda propón a instalación dun grupo semafórico na N-550 ao seu paso polo casco urbano de Redondela no lugar do Salguieral, debido ao perigo que supón cruzar esta vía pola alta densidade de tráfico que soporta. Eduardo Reguera engade que “esta actuación faise necesaria a partir da ampliación dun vial nestas estrada e evitaría as situacións de risco que teñen que soportar tanto os veciños da zona como os da parroquia de Cedeira que queiran acceder ao casco urbano a pé”.
Finalmente os socialistas demandan tamén a construcción dun apeadeiro en Chapela “unha infraestrutura moi necesaria dende agosto do 2011, cando o tren deixou de funcionar dende Rande ata Urzaiz, situación que provoca que moitos veciños de Chapela teñan quedado sen servizo de ferrocarril.”. lamenta a senadora socialistas que “malia que o Ministerio de fomento sacara a concurso a redacción do proxecto para a construcción da estación de viaxeiros, non inclúen un so euro para esta infraestrutura nos orzamentos de 2014”.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *