Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Armadores, mariñeiros e mariscadoras debaten en Cesantes sobre os “traballos do mar”

RR_Noticias

Unha actividade que terá lugar o sábado ás 19:00 horas no Círculo Cultural deportivo de Cesantes organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando  Monroy. Nesa xornada entregaranse os premios do concurso fotográfico da asociación e inaugurarase ademais a exposición itinerante de fotografía antiga “Redondela e o mar”.

Unha mostra fotográfica que xa se puido visitar en diferentes centro culturais e que chega agora a Cesantes, lugar onde naceu a idea e se puxo en marcha a iniciativa, consistente en recompilar imaxes antigas relacionadas co mar e cos traballos que alí se desenvolven. A inauguración irá acompañada da charla coloquio “Traballos no mar”, que contará coa participación de armadores, mariñeiros e mariscadoras de Cesantes.
O acto rematará coa entrega de premios aos gañadores das distintas categorías da VIII edición do concurso de fotografía Fernando Monroy. Tamén permanecerán expostas ao público as fotos de todos os  concursantes nesta última edición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará