Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un gol no último minuto da o empate ao Solla&Cía na súa visita a Antequera

RR_Noticias

Logo deste empate a 27 goles o Solla&CIA Chapela sitúanse no décimo terceiro posto da clasificación en División de Honra Prata. O próximo partido será na casa ante o Barakaldo. A SAR acadou unha nova vitoria ante o Ártabro por 35 goles a 29 e soben ata o noveno posto, afastándose así da zona de perigo.

Encontro adiantado ao venres no que os de Fran Teixeira tiveron que facer fronte ás baixas por lesións e ao cansazo da viaxe ata terras andaluzas. A vitoria non puido ser pero o empate sabe a triunfo tendo en conta que os de Antequera foron por diante practicamente todo o encontro. Ao descanso chegábase cun marcador de 15-10 a favor dos locais e a segunda parte arrancaba tamén con vantaxe para os andaluces. Un gol de Iago Cuadrado no minuto vintesete colocaba por primeira vez a igualdade no marcador aínda que o Antequera volvía adiantarse a tan só dous minutos do final. Sería a tan só de vintecinco segundos do remate cando Chema Cid conseguía o último gol do encontro e o reparto dos puntos ne xogo.
O Chapela, que segue loitando pola salvación, ten por diante antes das vacacións do Nadal dous encontros na casa en principio ante equipos asequibles. A cita máis inmediata será co Barakaldo. Terceira vitoria para a Sar Plastic Omnium, logo de vencer este sábado ao Artabro por 35 goles a 29. Unha vitoria que permite aos da Sar afastarse da zona de perigo. Durante todo o encontro a superioridade dos de Redondela foi patente chegándose xa ao descanso cun 16-12, vantaxe que se mantería ata o final do partido.
Dende o noveno posto da clasificación, teñen un partido difícil na vindeira xornada, xogarán no campo do Calvo Xiria, segundo na táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará