Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Elfos tamén reparten agasallos en Redondela

RR_Noticias

O Pinchito e a Zapatería Xoaniña son os dous locais comerciais de Redondela que este ano se sumaron a unha iniciativa que persegue que ningún neno quede sen agasallo de Nadal. A iniciativa leva por nome Elfos e calcetíns e parte dunha idea sinxela: que unha rede de voluntarios colaboren para mercar un agasallo que logo será entregado a nenos de Vigo e comarca de xeito completamente anónimo.

A idea partiu de Lala Doniz, veciña de Mos pero rapidamente espallouse por outros concello da contorna ata chegar tamén a Redondela, grazas á colaboración de locais como a Zapatería Xoaniña ou O Pinchito, cuxa propietaria , Marga García, nos explicaba a mecánica da iniciativa. Consisten en que cada Elfo (voluntario colaborador) se lle asigna un “Calcetín”, é dicir, un neno que previamente ten enviado unha carta na que lle pide a Papa Noel ou Os Reis Magos os agasallos que quere para o Nadal. De xeito completamente anónimo esta carta chégalle ao Elfo que á súa vez enviará o agasallo ao punto de acollida. A promotora da idea xa tiña colaborado en iniciativas semellantes a nivel estatal pero con esta campaña quere que a acción teña un efecto inmediato no ámbito máis próximo. As persoas interesadas en coñecer máis da iniciativa poden achegarse á páxina web www.elfosycalcetines.org.  

Marga García O Pinchito
Un xeito sinxelo de ser solidarios
Efecto na contorna máis próxima
De forma anónima se pode colaborar con familias próxima que o están pasando mal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará