Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela viaxa a Antequera minguado polas numerosas baixas

RR_Noticias

Ata seis xogadores do equipo redondelán arrastran lesións, que nalgúns casos mesmo empeoraron logo do encontro do pasado sábado co Amenabar Zarautz. O obxectivo do club é recuperar ao maior número de efectivos posible para desprazarse o venres a Antequera, onde xogarán ás 18.30 horas.

Os de Fran Teixeira queren deixar atrás a derrota sufrida na casa co equipo vasco, un partido no que os de Chapela tiñan os seus efectivos moi minguados, con seis xogadores lesionados: Rubén, Iago Cuadrado, Pablo Vidal, Nando, Óscar e Chema. Aínda así, todos menos Rubén-cunha fisura- disputaron minutos no partido, o que provocou que moitos deles empeoraran as súas lesións. O técnico afirma que é “o alto nivel de entrega” e as gañas de xogar dos seus pupilos o que os leva a competir nestas condicións. Teixeira tampouco puido contar con Marco Fernández, sancionado, o que obrigou ó técnico a darlle minutos aos xuvenís Leo e Xurxo, que debutaron na División de Honra Prata. O cadro de xogadores do equipo chapeleiro é curto, un problema de partida “co que xa contaba” Teixeira, pero que se complica coas numerosas baixas que están a sufrir. Malia as adversidades, o técnico asegura que “competirán ata o final”, porque aínda queda moita liga por diante e está convencido de que o Solla&Cía dará a batalla pola permanencia. O obxectivo é complicado, actualmente son 14º, e son moitos os equipos implicados pola salvación. A próxima cita será co Meridiano Antequera, único partido da xornada que se xoga o venres, o resto disputaranse o sábado. Debido ao longo desprazamento que deberán facer os redondeláns (unhas 14 horas) o club acordou cos anfitrións adiantar o encontro á festividade do día 6, para deste xeito poder dar descanso aos xogadores na fin de semana. Teixiera confía en recuperar o máximo posible de efectivos para o partido, que prevé moi duro. Os malagueños son un equipo de “moita corpulencia” e, malia estar situados na 11ª praza, foron o único equipo capaz de gañar ao Barcelona na cidade condal.  

Fran Teixeira adestrador
O técnico confía en recuperar xogadores e que o equipo volva ser competitivo.
Moitas baixas
As lesións están a minguar a capacidade do Solla&Cía Chapela que se resentiu no partido co Amenabar.
Meridiano Antequera-Solla&Cía Chapela
Os malageños serán un rival difícil e de moita corpulencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará