Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres feridos nun aparatoso accidente na estrada entre Redondela e Peinador

RR_Noticias

Tres persoas, dous homes e unha muller, resultaron feridas onte nun aparatoso accidente  que tivo lugar pouco antes das nove da noite na estrada N-555 á altura de Santo Estebo de Negros. Dous vehículos, un Audi A-3 e un Renault Clio colidiron frontolateralmente por motivos que se descoñecen neste sinistro no que foi necesaria a intervención do Grumir para avacuar a unha das persoas feridas.

Todo apunta a que o Audi A-3 teríase saído nunha curva para acabar colidindo co Renaul Clio, no que viaxaban dúas persoas. Foi unha muller, que viaxaba de copiloto neste último vehículo a que nun principio presentaría as feridas de maior gravidade xa que segundo apuntan dende o servizo do Grumir queixábase dunha forte dor nas costas. O accidente producíase minutos antes das nove da noite e tanto o condutor do Audi como os dous ocupantes do Clio foron trasladados a centros médicos de Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará