Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda denuncia que a reforma penal permitirá o internamento perpetuo de enfermos mentais

RR_Noticias

A controvertida reforma do Código Penal que prepara Gallardón está a xerar contestación entre os xuices, avogados e activistas pero tamén entre as asociacións que como Lenda traballan con enfermos mentais. Denuncian cambios orientados a perpetuar o internamento de enfermos mentais de xeito indefinido incluso por delitos non cometidos, é dicir, en previsión de que os poidan cometer no futuro.

Ata o de agora a ningunha persoa con enfermidade mental que cometese un delito e fora declarada inimputable se lle podía impor unha pena porque non se lle declaraba xuridicamente responsable do delito. No seu lugar aplicábaselle unha medida de seguridade, privativa ou non de libertade, que normalmente consistía no internamento psiquiátrico que nunca podería ter unha duración superior á pena que se lle tería imposto no caso de ser imputable. Agora co novo texto tipifícase a esa persoa con transtorno mental como “suxeito perigoso”, e se establece que o enfermo pode permanecer nun centro psiquiátirco de xeito indefinido.  Os expertos insisten en que este cambio supón estigmatizar aínda máis aos enfermos mentais e reclaman medidas preventivas e non castigos que en ningún caso debería decretar un goberno “que se di democrático”. Ademais do internamento indefinido tamén se contempla a liberdade vixiada. Ante unhas modificacións que consideran inaceptables dende as asociacións de familiares e enfermos mentais lenda está a realizar unha campaña de recollida de sinaturas contra a reforma e esixen entre outras cuestións que se retire o termo de perigoso asociado ao transtorno mental. Iniciativas que se están a desenvolver dende diferentes asociacións de todo o estado.  

Jaime FIgueroa Asociación Lenda
Explica os camnios que conleva a reforma do código penal no que se refire aos nfermos mentais
Estigmatizar aos enfermos
Identifícase o termo de perigoso co transtorno mental
Recollida de sinaturas
iniciativas pro todo o estado para parar esta reforma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará