Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde celebra a III Feira de Cousas da Casa e da Horta cun marcado carácter micolóxico

RR_Noticias

O Centro Cultural de Saxamonde organiza o sábado unha saída para coñecer e recoller cogomelos acompañados de expertos que explicarán aos asistentes cuestións relacionadas coa micoloxía. Unha saída prevista para as 10:00 horas. Xa pola tarde as actividades continuarán coa celebración a partir das 16:30 horas a III Feira de Cousas da Casa e da Horta.

O sábado ás 10:00 horas está prevista a saída que contará coa presenza de persoas expertas de ADENCO (Asociación en Defensa da Natureza do Condado) un colectivo que leva máis dunha década organizando eventos e saídas deste estilo. Durante a saída, explicarán aos asistentes os secretos da micoloxía e ao final da mesma farase unha exposición cos cogomelos encontrados que permanecerá no Centro Cultural durante todo o día.
Xa pola tarde, a partir da 16:30 horas, o Centro Cultural celebra a 3ª Feira de Cousas da Casa e da Horta. Neste caso, con especial sabor a outono. Toda persoa que teña algo na casa que queira ceder, trocar ou vender, ten un oco na feira. Ao mesmo tempo, a feira pretende ser un espazo para que os particulares poidan dar saída aos excedentes agrícolas e os seus derivados. As persoas que estean interesadas en participar na feira, teñen que contactar co Centro Cultural.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará