Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un envellecemento activo é fundamental para previr e diminuír os síntomas do alzheimer

RR_Noticias

O doctor Lorenzo imparte esta tarde no Multiusos da Xunqueira ás 17:30 horas unha charla sobre a enfermidade do alzheimer na que se falará dos síntomas de alerta, das actividades para atrasar o seu desenvolvemento e do papel fundamental dos coidadores. Unha actividade enmarcada dentro do ciclo de conferencias “maiores e medicina” que organiza a Deputación e a Fundación Colexio médico de Pontevedra.

A incidencia do alzheimer é cada vez maior na sociedade por tratarse dunha enfermidade aparellada á idade o que conleva que a maior esperanza de vida maior número de enfermos. A prevalencia da enfermidade duplícase cada 5 anos e as estimación falan de que a padece o 10% dos suxeitos de 65 anos e o 40% dos maiores de 85. Os primeiros síntomas, dos que se falará na xornada de hoxe, teñen a ver co deterioro da memoria recente,  algo que detectan habitualmente as familias xa que o propio enfermo non se decata do que lle está a acontecer. É importante esa detencción precoz que facilitará traballar para atrasar a evolución da enfermidade realizando unha axeitada estimulación física, intelectual e social. O doutor José Ramón Rodríguez Lorenzo, neurólogo de Povisa explica que exercitar a memoria é fundamental xa que iso fará que o paciente se manteña mellor por máis tempo. Iso si, a evolución da enfermidade dependerá tamén do estado previo do paciente tanto física como mentalmente. Unha charla a de hoxe recomendada a todos os veciños na que se afondará tamén no importante papel dos coidadores expostos a un estres elevado e sostido xa que se trata en moitos casos dunha enfermidade prolongada que ten unha gran repercusión no entorno do paciente. Esta é a primera das charlas do ciclo que continuará con conferencias durantes os meses de novembro e decembro en Redondela e Chapela sobre a diabetes, a cardioloxía e a sexualidade.

José Ramón Rodríguez Lorenzo neurólogo
O esquecementos non semrpe son síntoma da enfermidade
Estimulación física e intelectual
Axudan a atrasar a evolución da enfermidade
Estado previo do paciente
A evolución da enfermidade depende de numerosos factores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará