Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Ominum buscará un resultado positivo na Coruña diante do OAR

RR_Noticias

Os pupilos de Diego Lorenzo están a asinar un comezo de liga “espectacular” cunha sexta posición na Primeira Estatal. Desde o club recoñecen que o equipo está a superar “as mellores expectativas” logo do ascenso, e agradecen o apoio dos seus seareiros, que cada vez son máis no pavillón municipal de Redondela.

Logo de oito xornadas a SAR suma oito puntos, con catro vitorias e catro derrotas, das que algunha mereceu ser, cando menos, un empate. Foi o caso da pasada xornada, diante do Luceros, un dos equipos máis fortes do grupo e co que perderon dun gol en Cangas. Con todo, o equipo demostrou estar a moi bo nivel, con bloque “moi sólido” como recoñece o presidente do club Aurelio Krook, Lito. O conxunto conta cunha mistura entre veteranía e xuventude que está a dar moi bos resultados. A maioría dos xogadores levan xa varias temporadas xuntos e o adestrador conseguiu facer unha máquina “perfectamente engraxada”. O club nútrese da súa ampla canteira e iso tamén se nota nas gradas. Cada vez son máis os que se achegan ó pavillón redondelán para apoiar ó equipo na liga, que logo da fase de ascenso conseguiu recuperar a ilusión dos afeccionados a este deporte. Para Lito o apoio do público na bomboneira é “fundamental” xa que son “un xogador máis”. Agora preparan o partido do próximo sábado, será na Coruña diante do OAR. Son os seus seguidores na táboa, no 7º posto, e están empatados a puntos. Lito confía en sacar un resultado positivo na cidade herculina, aínda que advirte da gran capacidade goleadora dos rivais. O partido será ás 18.30 horas no polideportivo San Francisco Javier.    

Aurelio Krook presidente
Lito fala dos bos resultados do equipo que conseguiu facer un bloque moi sólido.
Apoio do público
A SAR conta cada vez con máis apoio do púlico na bomboneira de Redondela.
OAR Coruña-SAR Plastic Omnium
Lito confía en sacar un resultado positivo na súa visita á Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará