Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca unha nova edición do Festival de monólogos Lareta

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acollerá durante cinco sábados un completo programa de monólogos que na súa segunda edición contará coa participación de Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio Pazos e Cándido Pazó para público adulto, e Paula Carballeira para público infantil. A primeira das actuación estes sábado día 16 ás 20:00 horas.

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a segunda edición do Festival de Monólogos LARETA 2013. Trátase dun evento cultural que naceu en 2012 co obxectivo de fomentar o uso oral da lingua galega e de promover a creación artística daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e medio de comunicación. Nesta segunda edición, que se celebrará os sábados ás 20.00 h, contarase coa participación dos contadores de historias Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio Pazos e Cándido Pazó para público adulto, e Paula Carballeira para público infantil As sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela os sábados 16, 23 e 30 de novembro, e 7 e 21 de decembro. O prezo da entrada xeral é de 4 €, e para persoas xubiladas, estudantes e público infantil 2 €. Mais é posible tamén adquirir un bono para as cinco funcións ao prezo de 16 € ou 8 € para a entrada reducida, que se poderá reservar dende o xoves 7 de novembro. A venda de entradas anticipadas para cada función farase dende dous días antes a cada unha, na recepción do Multiusos da Xunqueira. O Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza redondelá a asistir a esta proposta cultural que reivindica o uso oral da lingua propia de Galicia.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
A técnica de normalización fálanos dos paricipantes nesta II edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará