Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde recupera a historia das súas mulleres

RR_Noticias

A Asociación de Mulleres Arela e a Cooperativa Trespés están a desenvolver un traballo de investigación orientado a recuperar a memoria das mulleres da parroquia ao longo do S.XX. Unha actividade financiada a través dunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo cuxos resultados daranse a coñecer a través dunha exposición fotográfica e unha charla coloquio.

A proposta, coordinada pola Cooperativa Trespés, parte dunha iniciativa da Asociación de Mulleres Arela e inclúe a posta en práctica de diversas accións encamiñadas a reconstruir a memoria das mulleres da parroquia de Saxamonde ao longo do S.XX.
O traballo consiste en recoller, analizar  e mostrar en diferentes formatos as vivencias particulares e colectivas das mulleres así como visibilizar e valorizar o seu papel na vida familiar, económica, social e cultural.
Búscase ademais crear sinerxias de cooperación e fortalecemento entre elas e a veciñanza e facer posible a transmisión de vivencias persoais e colectivas ás xeracións máis novas.
O traballo de investigación darse a coñecer a través dunha exposición do material fotográfico recollido así como dunha conferencia-charla na que se explicarán as conclusións desta iniciativa na que as conversas coas mulleres da parroquia así como a cesión de imaxes fotográficas está a resultar fundamental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará