Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle na fin de semana a festa do Mexillón posposta pola marea vermella

RR_Noticias

A Asociación de Hostaleiros da praia de Arealonga anima a todos os veciños a achegarse a esta cita gastronómica que se vai desenvolver o sábado 9 e o domingo 10 e na que se ofertarán 3.500 racións de mexillón a prezos populares. O pregoeiro será o cociñeiro Benigno Campos do programa “Larpeiros”.

Os stands de degustación comezarán a despachar pratos de mexillón a partir das 13:30 horas da mañá do sábado, un produto que tamén durante as dúas xornadas ofrecerán aos clientes os seis locais de hostalaría da praia de Arealonga preparado nas súas diferentes especialidades, ao vapor, en vinagreta, en escabeche ou en empanada. Jesús Fernández, responsable da organización destaca os económicos prezos das racións que van dos 2 euros a ración de mexillóns ao vapor ou os 3,50 que custará o prato de mexillóns á vinagreta ou en escabeche. Entre as actividades enmarcadas no programa Fernández destaca a presenza do cociñeiro Benigno Campos, que será o encargado de ler o pregón o domingo ao mediodía. A festa estaba previsto que se celebrase no pasado mes de outubro pero o agresivo episodio de toxina que obrigou a pechar praticamente todos os polígonos de mexillóns de Galicia levou aos organizadores a pospoñer a celebración ata esta fin de semana.  

Jesús Fernández comisión de festas
Prezos populares para degustar o mexillón acompañado dun bo viño
Música e gastronomía
O pregón será o domingo a cargo de Benigno Campos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará