Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A entrada ao museo Meirande será gratuíta

RR_Noticias

O Centro de interpretación da batalla de Rande abre o vindeiro sábado día 9 cunha xornada de actividades tanto institucionais como festivas- con representación teatral incluída- abertas a todo o público que queira achegarse. A visita ao museo será gratuíta á espera de que se aproben as taxas que regularán o prezo das entradas. O Meirande permanecerá aberto en horario de mañá os días laborais mentres que sábados e domingos abrirá durante todo o día.

Os actos oficiais de inauguración arrancarán ás 12:30 horas e durante toda a xornada haberá diferentes actuacións musicais e escenificacións a cargo dunha compañía de teatro que será a encargada de acompañar aos visitantes polas instalacións do museo O concelleiro de Cultura, Julio Alonso anima aos veciños a se achegar ao lugar tanto para coñecer de preto as instalacións, que nos permitirán mergullarnos nun galéon “grazas a unha ambientación moi lograda” que van trasladar ao visitante ao interior do camarote do capitán, a sala de canóns ou as súas adegas, como para gozar da contorna. Unha inauguración que se produce cando aínda quedan cuestións pendentes por arranxar como a instalación dun pantalán flotante que permitiría aos visitantes acceder dende o mar ao Museo, un atraso que segundo explicou Julio Alonso responde “aos numerosos trámites necesarios tanto por parte da Autoridade Portuaria que xa autorizou a súa instalación como por parte da Consellería de Medio Ambiente. Tamén queda por resolver a cuestión do aparcamento xa que hai unha autorización verbal para que os vehículos aparquen na explanada de colectores de Rande pero aínda non se acadou a cesión definitiva dos terreos para este uso por parte da Autoridade Portuaria.  

Julio Alonso edil de Cultura
O Concelleiro fálanos do funcionamento do Meirande nos seus inicios
Mergullarse nun galeón
Salienta as instalacións do Museo pero tamén o seu entorno
Temas pendentes
O aparcamento e o pantalán son dúas cuestións que aínda non están resoltas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará