Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desiguais resultados para o balonmán local

RR_Noticias

Importante vitoria para o Chapela que se facía cos puntos nun encontro moi igualado e disputado na casa ante o Benidorm. 26-23 resultado final que deixa aos de Redondela na decimo segunda posición na División de Honra Prata. A próxima cita do Chapela será en quince días cando visiten a un rival máis feble, o Pozoblanco, situado no ante penúltimo posto. A SAR caía ante o Magope Seis do Nadal por 25 goles a 27.

Sétima xornada de liga en División de Honra prata e moi bo ambiente o vivido tanto na grada como no campo no pavillón de Chapela. Os de Teixeira lograron unha importante vitoria ante Servigroup Benidorm. Arrancou o encontro con moitos nervios por parte dos visitantes algo que foi aproveitado polo Solla&Cía para colocarse por diante no marcador, aínda que durante todo o partido locais e visitantes amosaron un nivel de xogo moi semellante o que non permitiu aos de Redondela afastarse dos seus rivais no marcador. Foi nos últimos cinco minutos de partido cando dous goles de Pablo Casal e un terceiro de Pablo Vidal colocaba no marcador a vantaxe definitiva de tres goles para  
o Solla&Cía.
Agora teñen por diante quince días de descanso par repoñer forzas porque na vindeira semana dispútase outra eliminatoria da Copa do Rei da que non participan aos de Teixeira logo de seren eliminado nas primeira rolda. A próxima cita será no campo do Pozoblanco, equipo situado no penúltimo posto da categoría.
En Primeira nacional a Sar Plastic Omnium nada puido facer ante o Magope Seis do Nadal que amosou na bomboneira o seu bo estado de forma logo de sete xornadas nas que aínda non coñece a derrota. Os redondeláns comezaron mandando pero os vigueses acabaron gañando o encontro, iso si, por pouca diferencia. O partido rematou co resultado de 25-27 a favor dos visitantes.
A SAR sitúase no sexto posto da categoría e xoga na vindeira semana fora da casa. Encontro difícil xa que se desprazan ao campo do Luceros, segundos na táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará