Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A exposición do Multiusos recupera un descoñecido retrato ao óleo de Alejandro Otero

RR_Noticias

A mostra, organizada polo Concello e a Asociación Alejandro Otero, permitiu recuperar un retrato ao óleo do homenaxeado, unha peza descoñecida que conforma xunto con dous pergamiños e un libro de anotacións clínicas os obxectos máis salientables da exposición que pode visitarse no Multiusos ata o vindeiro 14 de decembro.

Retratos, pergamiños, obxectos persoais como a medalla de Granadino Ideal, documentos escritos por Alejandro Otero, libros biográficos e recortes de prensa conforman a exposición que ata mediados de decembro se pode visitar no Multiusos da Xunqueira, data na que está previsto celebrar un acto especial como colofón ao ano dedicado ao ilustre médico e político redondelán. Logo de varios actos realizados ao longo do 2013 entre os que podemos salientar a colocación dunha praca na que fora a súa casa natal na rúa Reveriano Soutullo e a inauguración dunha praza co seu nome, continúan os actos en torno á figura de Alejandro Otero dentro do calendario previsto para este ano que o concello decidiu dedicar á súa memoria. Si algúns dos actos máis importante se celebraron o pasado 26 de xuño coincidindo coa data na que se conmemoraba o 60 aniversario do seu pasamento, o Concello de Redondela e a Asociación Alejandro Otero elixiron o 14 de decembro día no que se celebra o 125 aniversario do seu nacemento, para poñer o colofón a un ano dedicado a este home cuxos méritos abarcan campo diversos, xa que foi un destacado xinecólogo, membro do partido socialista e rector da Universidade de Granada entre outros méritos.  

Julio Alonso Concelleiro de Cultura
Explica cales son os obxectos máis destacados da mostra
Javier Bas alcalde
Unha mostra que pretende servir para achegar a figura de Alejandro Otero a todos os visitantes
José Blanco Puga Asociación Alejandro Otero
Lembra os "actos colofón" do ano Alejandro Otero o vindeiro 15 de decembro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará