Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e diversión en galego para cativos menores de 6 anos da man de Caramuxo Teatro

RR_Noticias

Redondela será a nova parada dos Encontros dos Axóuxeres, unha actividade de dinamización lingüística para os máis novos promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se vai desenvolver este domingo no Multiusos.

Trátase dun espectáculo para cativos menores de 6 anos cheo de historias, música e diversión que nos achega, desta volta, a compañía Caramuxo Teatro, pioneira do teatro para bebés en Galicia. Cada un destes Encontros dos Axóuxeres, de aproximadamente 35 minutos de duración, foi creado para ofrecerlles aos cativos un espazo onde gozar e abrirse ao descubrimento do mundo en galego. Na representación cóntanse historias adaptadas á xente miúda da casa, mesturadas con cancións  creadas a pé feito para a montaxe e que conseguen a participación do público. Iníciase o descubrimento do mundo que nos rodea, a partir da curiosidade por saber o que hai dentro dunha casa e dos cambios que vivimos a diario na nosa vida e no noso contorno. Todos estes elementos inflúen positivamente no desenvolvemento das persoas e das relacións entre elas, e ese descubrimento  vai ser unha canle aberta a novas experiencias e aprendizaxes. As entradas para este espectáculo están xa esgotadas. Era preciso realizar unha reserva previa no teléfono 610 641 570.  

Laura Sarasola Caramuxo Teatro
Un espectáculo para bebés e nenos menores de 6 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará