Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa Vacacións en paz demanda familias de acollida

RR_Noticias

A Asociación galega co pobo saharaui ven de retomar a campaña para incrementar o número de persoas interesadas en formar parte do programa Vacacións en paz logo da diminución drástica de participantes que este ten experimentado nos últimos anos, ata chegar á última edición na que tan só foron 3 as familias de Redondela as que durante os meses de xullo e agosto pasados colaboraron coa iniciativa.

Afastar aos rapaces das altísimas temperaturas que durante os meses de verán se alcanzan no deserto, chegándose nos campamentos de refuxiados ata os 50 graos, é o obxectivo primordial dun programa cun alto contido solidario pero tamén político. Así nolo explicaba a presidenta da Asociación galega co Pobo Saharaiu quen insiste en que outro dos obxectivos desta iniciativa é evitar que a sociedade esqueza a situación do saharauis que dende hai décadas viven nos campamentos logo de que o seu territorio fora ocupado por Marrocos. A Asociación confía en ter boa resposta das familias de Redondela a este chamamento para que sexan máis os que no verán do 2014 participen do programa Vacación en paz atendendo a gran sensibilización existente no noso municipio en anos anteriores. A diminución no número de familias de acollida é un feito que se detectou en toda España, pero lembran que Galicia se mantén como a terceira comunidade máis sensibilizada con este tema só pro detrás de Andalucía e Castela. En Redondela hai dúas persoas responsable do programa e todos os interesados poden poñerse en contacto coa Asociación o teléfono 986 262637.  

Maite Isla presidenta Asociación
Explica os obxectivos do programa
Situación en Redondela
Nos últimos anos diminuiu o número de familias de acollida
Galicia ocupa o terceiro lugar
A nosa comunidade é unha das máis concienciadas no apoio aos saharauis

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará