Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG lamenta os “atentados contra o patrimonio” sufridos polos xacementos de Monte Penide

RR_Noticias

O BNG lamenta os ataques aos restos neolíticos do monte que a semana pasada sufrían unha nova agresión ao apareceren raiados os petroglifos de Chan da Cruz e instan á Xunta a que “poña os medios para preservar os restos arqueolóxicos como responsable última da conservación do noso patrimonio cultural”.

O BNG cualifica de “auténticos atentados contra o noso patrimonio cultural” as últimas agresións sufridas polos xacementos de Monte Penide que afectaron a varios petróglifos deste xacemento “un dos maiores exemplos do megalitismo da fachada atlántica europea”.
Aseguran que van apoiar “todo tipo de actuacións que vaian no esclarecemento dos feitos para que os culpables rendan contas ante a sociedade” e instan á Xunta que como administración última e responsábel da conservación do noso Patrimonio Cultural “poña os medios para preservar Monte Penide”.
Engaden os nacionalistas que ademais dos labores de catalogación e identificación, xunto aos de información escolar “cómpre un traballo inmediato e urxente coas comunidades de montes e coa veciñanza en xeral das parroquias para que se tome conciencia do importante valor que posuímos nos nosos montes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará