Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de carretilleiro e manipulador de alimentos en Arcade

RR_Noticias

A OMIX de Soutomaior organiza dúas actividades formativas orientadas á facilitar aos seus alumnos a inserción no mercado laboral. Trátase de dous cursos un de carretas elevadoras que se inicia o 8 e novembro e outro de manipulador de alimentos que se impartirá a finais do vindeiro mes.

A OMIX de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para participar nun curso de carretas elevadores que se vai impartir os día 8, 15 e 16 de novembro. Unha actividade que permitirá os seus participantes aprender a manexar carretilla elevadoras con precisión e seguridade e que consta de dúas clases de carácter teóricos, os venres 8 e 15 de novembro en horario de 15:30 a 20:30 e unha parte práctica que terá lugar na nave de Galfrío en Marín o sábado 16 en horario de mañá. As persoas participantes deberán ser maiores de 16 anos e contar co carné de conducir. O prezo deste curso é de 60 euros para os empadroados 90 para os que non o estean cunha rebaixa para os desempregados de 10 euros. Tamén a OMIX organiza un curso de manipulación de alimentos que terá lugar o 29 de novembro. As persoas interesadas poden inscribirse na OMIX no multiusos de Arcade ou no teléfono 986700822.  

Sonia Pintos OMIX Arcade
Dous cursos para mellorar a empregabilidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará