Hoxe é Luns 27 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Visita guiada por Rande

RR_Noticias

O Centro Social A Miñoteira organiza este sábado unha visita guiada pola zona de Rande no transcurso da cal e, a través das explicación dun técnico da Cooperativa Trespés, os participantes afondarán nunha das paisaxes culturais e industriais máis salientables da ría de Vigo. O programa inclúe unha visita ao Museo Meirande.

Enmarcada dentro do curso “Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio” poden participar tamén persoas non matriculadas no mesmo que deberán abonar dous euros. A actividade arrancarás ás 10:30 horas da mañá e o punto de encontro será o exterior do Meirande.
No transcurso da visita os participantes coñecerán a pegada humana ao longo da historia no lugar, xa que nas súas proximidades pódense atopar restos da batalla naval de Rande, presenza da industria da salga e da conserva, cargadoiros de mineral de diferentes épocas. A actividade inclúe unha visita ás instalacións do Centro de Interpretación Meirande.
Para máis información poden contactar no 986110045 ou en info@trespes.com
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *