Os detidos, que onte prestaron declaración nos Xulgados de Redondela, foron trasladados xa ao cárcere e A Lama logo de que así o decretase o titular do Xulgado número 2. Impútaselles un delito de roubo con forza e agresión polos feitos acontecidos o pasado luns día sete cando a plena luz do día atracaron a un home a que lle propinaron unha malleira para subtraerlle 50.000 euros.
Os detidos -dous deles de 31 anos e un de 27- chegaron aos xulgados de Redondela ás 10:30 horas da mañá e durante sete horas estiveron prestando declaración ante o titular do Xulgado número 2, quen ordenou prisión provisional para os tres acusados. A media tarde foron trasladados ao cárcere de A Lama.
Os feitos tiveron lugar o luns día 7 ás 11:00 horas nas inmediacións da Casa Consistorial, onde asaltaron e propinaron unha malleira ao encargado dunha gasolineira para roubarlle os 50.000 euros da recadación. A vítima tivo que ser atendida no Hospital Meixoeiro das lesións que lle propinaron os tres atracadores.
Recibido o aviso de que os ladróns fuxiran nun audi A3 de cor gris en dirección a Pontevedra, a súa detención producíase media hora despois por axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local de Pontevedra que os esperaban na entrada á cidade e logo de protagonizar unha espectacular persecución.