Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela amósase satisfeito co seu xogo e confía en mellorar os resultados

RR_Noticias

A División de Honra B está a ser unha dura proba para o equipo de Chapela, que suma unha vitoria e tres derrotas nas catro xornadas de liga. Pero os resultados non se corresponden co xogo que o equipo está a despregar na pista, tratando de “igual a igual” a conxuntos de entidade como o Alcobendas. O sábado terán que demostrar na casa a súa calidade diante do Sinfin.

Que a división de prata do balonmán estatal sería dura, era algo que xa tiñan asumido no club redondelán. Son conscientes de que son un equipo modesto, pero as primeiras xornadas de liga están a ser “mellor do esperado” segundo apunta o presidente do club, Manuel González Soto. E é que, aínda que os resultados non están a acompañar, o Solla&Cía xogou a un moi alto nivel diante do Alcobendas, un dos máis fortes do campionato, perdeu só dun gol en Cataluña co Bordils e no último partido co Torrelavega o resultado estivo condicionado polas decisións arbitrais. A vitoria, diante de Palma del Río foi contundente, e o xogo despregado polos pupilos de Fran Teixeira convida ó optimismo. Así o entende a directiva, que confían en que os xogadores gañen algo de “rodaxe” na categoría para que os resultados tamén acompañen. O próximo partido será na casa, este sábado ás 18.30 horas diante do Sinfin. Trátase dun rival de alto nivel, pero no club confían no apoio dos seus seareiros para sacar un resultado positivo. Instalacións insuficientes Logo das obras de reforma do Pavillón Municipal de Chapela, o club conta cunhas inmellorables instalacións, cunha ampla grada e unha pista que está “entre as mellores de España”. O problema é que esta pista é de todo “insuficiente” para acoller a todos os equipos da parroquia que deben adestrar. O Balonmán Chapela, que conta cun total de 14 equipos, comparte as instalacións cos equipos de fútbol e fútbol sala, o que limita a tan só 25 as horas semanais que poden utilizar o pavillón. A directiva reclama unha solución, que podería pasar por acondicionar algunha pista deportiva dos colexios ou institutos da parroquia, xa que entenden que a construción dun novo pavillón é “inviable” dada a actual situación económica.  

Manuel González Soto presidente
No club están moi satisfeitos co xogo do equipo nese arranque de liga.
Solla&Cía-Sinfin
Os de Chapela confían en acadar un resultado positivo este sábado diante do seu público.
Instalacións insuficientes
No club lamentan o escaso número de horas que teñen para adestrar no pavillón e piden unhas instalacións alternativas na parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará