Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os edís non adscritos de Pazos abandonan o pleno polas “atitudes antidemocrática do PP”

RR_Noticias

Aseguran que o goberno local está a “torpedear de xeito continuado” o seu traballo na oposición ao convocalos a cada unha das sesión co mínimo legal de dous días hábiles entre a notificación e a celebración do pleno. Na última sesión e ante a negativa do goberno de Pazos de retirar dous puntos “cuxa relevancia requiría un estudo máis pausado” decidiron abandonar a sesión.

Os concelleiros non adscritos de Pazos de Borbén, Luciano Otero e Mercedes Míguez, acusan ao goberno da localidade de actuar con “mala fe” cando os convocan co mínimo legal de dous días hábiles “porque as notificacións son entregadas na última hora da mañá do venres convocándonos para os martes, de xeito que o venres xa non é posible acudir ao concello para consultar a documentación, e un dos dous días hábiles que median é sábado, día que no que o Concello permanece pechado”. Por todo isto aseguran non ter tempo suficiente para desenvolver a súa labor de oposición e poder así preparar as sesións.
Unha situación que se agravou no último pleno xa que “a orde do día constaba de 15 puntos, algúns de grande importancia e abondosa documentación que estudar, como o convenio coa Deputación para cederlle as competencias na recollida do lixo, ou varias ordenanzas”. Ademais convocouse o pleno para as 13 h algo que segundo os edís da oposición responde “ao interese do PP de que algunhas cuestións de moito calado, coma o devandito convenio coa Deputación, pasaran o máis desapercibidas posíbel e foran aprobadas co mínimo debate”
Os concelleiros decidiron abandonar a sesión logo de solicitar a retirada da orde do días dos puntos que requirían un maior estudo e non ser aceptada a súa petición polo goberno local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará