Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium arranca a liga na Primeira Nacional máis galega

RR_Noticias

O Pavillón Ourense será o primeiro rival do equipo redondelán, que comeza a competición este sábado na bomboneira de Redondela. O obxectivo do club para esta temporada é acadar a permanencia na división de bronce do balonmán español, para o que contarán cos xogadores da canteira e o apoio da súa afección.

A Federación Española de Balonmán decidiu reestruturar as súas categorías, e acordou que a Primeira Nacional estaría composta por seis grupos de catorce equipos, dous grupos máis que este ano. Isto ten as súas consecuencias positivas para o balonmán local, xa que o grupo A, ao que pertence a SAR Plastic Omnium, está composto integramente por equipos galegos, e a maioría deles da provincia de Pontevedra. Unha situación que favorece ó equipo redondelán, como explica o presidente Aurelio Krook, xa que os desprazamentos nesta competición serán mínimos. Ademais do ascenso deportivo da SAR de Redondela, a Federación Española de Balonmán decidiu recuperar aos dous equipos descendidos esta tempada, o Bueu Atlético e o Cangas B, e convidou a outros tres equipos de Segunda Nacional: o Pavillón de Ourense, primeiro rival da SAR, o Ártabro Legea Sports da Coruña e os Granitos Ibéricos Carballal de Vigo. Krook entende que nesta liga estableceranse “dous grupos diferenciados”, xa que a metade dos equipos loitarán polo ascenso e a outra metade, entre eles a SAR, pola permanencia. Unha pelexa na que entrarán tamén os seus rivais deste sábado, ademais do Carballal, Bueu, Ártabro e Lalín, entre outros. Para conseguir o obxectivo da salvación fan un chamamento ós seus seareiros, o presidente entende que o apoio do público será “fundamental” para salvar a categoría, como xa o foi para acadar o ascenso. A cita será o sábado, no pavillón municipal de Redondela, ás 18.30 horas. Deporte base A SAR conta esta temporada 2013-14 con máis de 300 rapaces de entre 8 e 17 anos nas súas categorías inferiores. Un total de 215 militan nas filas da SAR, nos 15 equipos cos que compiten en división de honor, tanto de grupos masculinos como femininos. Outros 95 rapaces e rapazas adestran con eles nas Escolas Deportivas, xa que imparten balonmán nun total de 7 colexios de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén.  

Aurelio Krook presidente da SAR
O feito de que o grupo estea compostos por equipos galegos facilita a competición para os redondeláns.
Loita pola permanencia
Krrok entende que serán uns sete equipos os que pelexen coa SAR pola salvación.
Apoio do público
Para o equipo o apoio da súa afección será fundamental para acadar o obxetivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará