Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folclore na rúa con O Fiadeiro

RR_Noticias

A pista da Xunqueira acollerá o domingo 22 ás 19:00 horas a actuación do grupo O Fiadeiro, que chega a Redondela da man do programa “Danza3” da Consellería de Cultura. O obxectivo deste programa que está a percorrer Galicia, é saír ao encontro dos espectadores e dignificar o baile tradicional en coidadas representacións da música e a danza populares galegas.

O programa “Danza3″ da Consellería de Cultura e Educación chega a Redondela este domingo coa actuación ao aire libre do grupo O Fiadeiro. Os músicos e integrantes dos corpos de baile da agrupación O Fiadeiro de Vigo, unha das agrupación de maior prestixio e actividade a prol da cultura tradicional en Galicia, estará no noso concello para achegar o folclore á rúa” cunha actuación que terá lugar na pista da Xunqueira. A agrupación amosará a pé de rúa un amplo repertorio nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar aos espectadores asistentes, de xeito que cada un destes espectáculos é único, espontáneo e persoal.   Unha actividade que conta coa colaboración da Concellería de Cultura.  

Julio Alonso edil de cultura
A actuación de O Fiadeiro terá lugar an Pista da Xunqueira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará