Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman un arranxo integral da ponte de Rande a cargo da empresa concesionaria

RR_Noticias

A Asociación de afectados da AP-9 de Chapela denuncia que as últimas reparacións realizadas por parte de Audasa son tan só “un lavado de cara” xa que segundo engaden afectan a algún descascado superficial mentres que non se están a reparar os verdadeiros desperfectos que se atopan nos piares e mergullados baixo a auga.

Roberto Villar asegura que segundo información dos mariñeiros da zona “existe nun dos pilotes dos piares centrais da ponte un burato de tal dimensións que polo mesmo podería entrar unha persoa”. Engaden que a amplitude deste burato só se pode apreciar  “unha ou dúas veces ao ano coas mareas máis grandes”. Malia a existencia destes e doutros desperfectos a empresa concesionaria Audasa non está a acometer, segundo a Asociación de afectados, as obras de mantemento que serían precisas motivo polo que esixen a Fomento que actúe para que a empresa responsable da AP-9 cumpra coas súas obrigas. Os afectados pola ampliación da AP-9 cren que unha vez se poña en marcha a ampliación da Rande “a reparación será pagada con fondos públicos”. Unhas obras de ampliación que preocupan aos veciños porque malia diferentes declaración políticas a día de hoxe a ampliación segue a contemplar que o desdobramento de carrís se faga ata Teis afectando de cheo á parroquia de Chapela. Sobre a falta de información ao respecto Roberto Villar fala de “cortina de fume político” e fatla de transparencia por parte do MInisterio.  

Roberto Villar Asociación afectados AP-9
Reclaman a Audasa que arranxe a Ponte
Cortina de fume
Villar critica a falta de información en todo o relacionada coa concesionaria da autoestrada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará