Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Soutomaior poden elixir entre doce modalidades deportivas nas Escolas Municipais

RR_Noticias

O concello manterá aberto ata o vindeiro 20 de setembro o prazo para se inscribir nas escolas deportivas. Do mesmo xeito que en anos anteriores dende a concellería de deportes ofrecen aos veciños a posibilidade de participar en clases de tenis e padel tanto para os máis pequenos coma para os adultos, patinaxe, baile moderno e de salón, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte, multideporte e natación.

Como novidade máis importante para este novo ano ofértanse as escolas deportivas de Baloncesto e Fútbol Sala.
As prazas están limitadas segundo a actividade con preferencia para os empadroados no Concello e tamén haberá un mínimo específico para poñer en marcha cada actividade.
Todos os participantes dispoñerán dun seguro medico individual por accidentes e todos os monitores que imparten as clases son titulados.
Os prezos oscilan dependendo da actividade elixida tal e como se pode consultar nos impresos e dípticos que se poden ver e descargar na páxina Web do Concello www.soutomaior.com  Máis información no Pavillón Municipal A Montesiña. (Tel.986700964)
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará