Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños aplauden a decisión do parlamento de solicitar a Fomento o arranxo da N-555

RR_Noticias

A decisión unánime do parlamento de Galicia de instar ao Ministerio de Fomento a realización de obras para mellorar a seguridade vial na estrada que comunica Redondela co aeroporto de Peinador é aplaudida polos veciños da zona, que durante anos levan reclamando ditas melloras.

A iniciativa, que foi presentada na comisión parlamentaria polo grupo Alternativa galega de Esquerda (AGE) foi aprobada co apoio unánime de todos os grupos do Parlamento de Galicia, comprometéndose asía a trasladar ao Ministerio de Fomento a realización de diferentes actuación que melloren a seguridade vial tanto para peóns como para os propios condutores.
Os veciños desta estrada levan anos demandando melloras nunha vía cun elevado volume de tráfico e por onde os coches, segundo denuncian, circulan a unha velocidade excesiva malia carecer de beirarrúas, o que obriga aos peóns a se apartaren numerosas veces ao longo do traxecto para non sufrir atropelos.
As reiteradas peticións para que se adopten medidas que solucionen o problema non se teñen traducido en mellora algunha e os veciños critican que as “administracións competentes fagan ouvidos xordos ás súas demandas”. Unhas demandas que se concretan na construcción de beirarrúas e dotación dun paso de peóns na rotonda na intersección entre as estradas N-555 e N-550.
Os residentes na zona confían en que este acordo unánime do parlamento serva para lograr unha desposta satifactoria pro parte de Fomento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará